miércoles, 15 de diciembre de 2010

A Secretaría Xeral para o Deporte patrocina con 2 millóns de euros aos equipos de alta competición de Galicia


O Secretario Xeral para o Deporte asinou a semana pasada as adxudicacións dos patrocinios ás 13 entidades beneficiarias da área de A Coruña.

O Plan de patrocinio publicitario dos equipos de alta competición de Galicia é unha iniciativa da Fundación Deporte Galego que se desenvolve por segundo ano consecutivo. A marca Deporte Galego irá esta tempada acompañada pola de Galicia Calidade nos soportes publicitarios dos equipos adxudicatarios, en relevo da do Xacobeo que se empregou a pasada campaña.

Con esta actuación a Secretaría Xeral para o Deporte quere apoiar aos equipos galegos de alta competición, nun momento no que é moi difícil para eles o mantemento do apoio da empresa persoal. Así mesmo, é importante destacar a tarea de promoción do deporte galego e da marca Galicia Calidade que estes equipos farán no ámbito nacional e internacional.

A semana pasada, no Servizo Provincial de Deportes de A Coruña, o Secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asinou as adxudicacións dos patrocinios aos 13 equipos beneficiarios da área de A Coruña. Trátase das seguintes Entidades: CH Patín Cerceda, Club Baloncesto Coruña, Club Basketmi Ferrol, os equipos de tenis de mesa e de bádminton do Club de Mar San Amaro, Club Universitario de Ferrol, Comarcal A Fervenza FSF, CRAT A Coruña, Hockey Club Borbolla, Hockey Club Liceo, Montañeros CF, Orzán SD, Valdetires Ferrol FSF.

No hay comentarios: