jueves, 6 de junio de 2013

Xornada deporte inclusivo no Tafad de Ferrol (Rodolfo Ucha), 16 de maio.


Ese evento tivo lugar no colexio Tafad de Ferrol o dia 16 de maio, con grande éxito de asistencia e disfrute dos alumnos. Foi a primeira vez que se fai un torneo inclusivo de baloncesto en Ferrol, e os rapaces participantes quedaron con gañas de xogar mais veces.

O desenrolo da xornada foi o seguinte:

Primeiro desenrolouse unha presentación do Equipo Basketmi Ferrol e do patrocinio co que conta o equipo, a Fundación Deporte Galego e Galicia, patrocinadores desta xornada inclusiva.

Logo falouse do ventaxoso do deporte na saude dos rapaces, e que a cadeira non supón ningunha barreira para facer deporte. Tamén comentamos que hai que ter habitos saúdables de alimentación e de organización de tempo (menos xogos de ordenador e play e mais xogos o aire libre)

Despois desta pequena charla de introducción, 4 dos nosos xogadores fixeron un 2x2 para amosar o control que teñen das cadeiras e do xogo de baloncesto.

O pouco tempo pasamos o máis interesante da xornada, que os rapaces e rapazas proben as cadeiras e xoguen con nós. Así puideron disfrutar dun xogo novo que nunca probaran a mayoría, e mezclarse con nós xogando todos xuntos e facendo eles cola para volver a xogar e probar as cadeiras, pois foron moitos os nenos que probaron e moitos os que repetiron. A xornada tivo unha duración de tres horas en horario lectivo, para que así pudieran probar máis cativos. Organizouse unha liguilla onde apuntaronse 10 equipos, formando primeiro 4 grupos e logo xogando semifinais e final, o que lle dou mais competitividade a actuación.

·         Agasallos: Regaláronse Gorras cos logos publicitarios da fundación e de Galicia para que tiveran un recordo da xornada. Co éxito da mesma, quedouse en voltar a facer algo semellante no proximo curso escolar.