O secretario xeral para o Deporte firma os contratos de patrocinio dos clubs de alta competición de Galicia das zonas de A Coruña e Lugo
Un total de 65 equipos beneficiaranse deste Plan para a presente tempada 2012/2013, cunha inversión total de 1.742.400 euros
A Coruña e Lugo, 18 de marzo de 2013.- Trala firma a semana pasada en Vigo, Pontevedra e Santiago de Compostela dos contratos de patrocinio dos clubs de alta competición de Galicia, o secretario xeral para o Deporte, e Vicepresidente Executivo da Fundación Deporte Galego, José Ramón Lete, asinou os hoxe contratos do Plan cos equipos das áreas de A Coruña e Lugo.
O Plan, iniciado na tempada 2009/2010, pon de manifesto, segundo Lete Lasa, que “o deporte galego, e dentro del, os nosos clubs de alta competición, son inmellorables embaixadores de Galicia: levan a nosa marca, e os galegos sentímonos correlativamente representados neles”.
Na presente tempada, un total de 65 equipos quedan englobados no Plan, representando unha ampla variedade de modalidades deportivas: bádminton, baloncesto e baloncesto en cadeira de rodas, balonmán, béisbol, fútbol e fútbol sala, hóckey herba e a patíns, rugby, tenis de mesa e voleibol. Todos estes equipos teñen en común contar con equipos nas competicións de primeiro e segundo nivel en modalidades deportivas en que a competición de máximo nivel se desenvolve, na categoría absoluta, en sistema de liga regular á que se accede por clasificación, con ascensos e descensos de categoría e cun volume de desprazamentos frecuente.
25 equipos das áreas de A Coruña e Lugo, cunha inversión orzamentaria de case 700.000 euros Trátase do
Basquet Coruña, Universitario de Ferrol, Victoria C. F., Club Viaxes Amarelle F.S., Comarcal A Fervenza FSF, Valdetires Ferrol F.S.F., Fisober F.S.F., Club Basketmi Ferrol, Hóckey Club Liceo, Hockey Club Borbolla, Clube Patín Cerceda, Club de Arquitectura Técnica (masculino e feminino), Club de Mar San Amaro, Club Deportivo Aldebarán, Club Instituto Zalaeta, C. B. Breogán S.A.D., Club Porta XI C. B., Club Peluquería Mixta de Friol, Prone Lugo Asociación Deportiva, C.D. Burela F.S. (masculino e feminino), Agrupación Deportiva A Pinguela e o Club Voleibol Emeve (masculino e feminino).
No hay comentarios:
Publicar un comentario